martes, 25 de noviembre de 2008

martes, 18 de noviembre de 2008

lunes, 17 de noviembre de 2008

miércoles, 12 de noviembre de 2008


Xogos Cooperativos no Cabada Vázquez.

Nas clases de Educación Física solucionaronse entre todo o grupo os retos que propuxo profesora.

A colaboración, a escoita, o diálogo e a creatividade foron as ferramentas utilizadas para acadar un obxectivo común.


Pequenos e maiores resolveron con éxito os problemas plantexados.


Mirade como se axudan:

Desfacendo o nó.

Transportar a mole.

Sen falar facemos o nó xigante.

Saltar o muro.
Saltar o muro.
Facendo un lío.
¿Quedou atascado? ....
Estos de 6º: ¡Están moi compenetrados!

lunes, 20 de octubre de 2008

O Samaín















O 31 de outubro celebraremos no colexio o Samaín.







Decora e trae e a tua cabaza!!!



A festa do SAMAÍN


A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo samain era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda na Galiza- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

jueves, 15 de mayo de 2008

Festival das Letras Galegas
















Hoxe festexamos as letras galegas. Para eso montamos un festival no que todos tiñamos moito que decir, en galego CLARO...




Os de infantil canatrón o rap da lingua.

Os de primeiro recitaron un poema para dormir a un bebé de Xosé María Álvarez Blázquez.

Os de segundo representaronnos a vida do autor homenaxeado este ano ( Miguel facia de Xosé María).

Os de terceiro e cuarto lembraron a Rosalía de castro e ao seu lexendario: "Cantares Gallego".

Os de quinto fixeron unha obra na que o morto estaba moi vivo.

Os de sexto representaron outra obriña na que os caramelos cobraban vida.

E para rematar todos cantamos as cancións da saia da Carolina, ondiñas veñen e o Himno galego.

Que ven o pasamos.





miércoles, 14 de mayo de 2008

Contacontos nas Letras Galegas








Na semá das letras galegas visitaronos uns CONTACONTOS, que nos fixeron rir a todos e a todas.


lunes, 21 de abril de 2008

O mural de María



Aquí está María de 4º, que na clase de coñecemento fixo este estupendo mural do universo.


Quedouche moi ben...





martes, 15 de abril de 2008

@s nen@s de 5 anos, 1º, 2º e 3º de E.P. do noso colexio participaron o pasado martes 9 de abril no " Tren da Língua " patrocinado por Caixanova.





Aquí estamos tod@s na estación de tren de Vilagarcía.



Divertímonos con monicreques e animadores.

E agasalláronos cunhas mochilas moi bonitas. Que sorte!